ENCONTRO BILATERAL CON DOWN CORUÑA
NOVO ENCONTRO BILATERAL DE ENTIDADES DOWN
Esta fin de semana tivo lugar un dos Encontros Bilaterais que neste 2025 están levando a cabo as entidades Down. Nesta ocasión, un grupo de Down Ourense achegouse ata A Coruña para visitar a cidade xunto con membros da Asociación Down Coruña.
Alí puideron desfrutar dun paseo pola cidade vella, descubrindo lugares como La Marina, María Pita ou o Castelo de San Antón.
Despois dunha boa comida, colleron un barco para gozar da cidade desde o mar e, antes de despedirse, repuxeron forzas no Quiosco de Down Experience.
Grazas a esta experiencia, puideron coñecerse mellor, ampliando amizades e compartindo experiencias.
Os encontros tiveron a subvención da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, destinada a programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Archivada en:
Información > Noticias con contenido de módulo