O Concello de Ourense a través das Bases reguladoras de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro en material de servizos sociais do ano 2020 concedeu a entidade Down Ourense unha axuda para o desenvolvemento do programa de logopedia e comunicación.
O programa de logopedia e comunicación céntrase na atención as persoas coa Síndrome de Down ou discapacidade intelectual dende os primeiros anos ata a etapa adulta, sendo a intervención na área da linguaxe clave no seu desenrolo.
Dende a entidade Down Ourense agradecemos a administración local a súa colaboración para poder levar a cabo o programa de logopedia.