Dende a entidade Down Ourense, na que se traballa con persoas con Síndrome de Down e discapacidade intelectual, estase a levar a cabo un programa de empoderamento as mulleres participantes nos diferentes servizos e programas que ofrece a entidade as persoas con discapacidade, neste caso centrándose esta atención no colectivo das mulleres que está dobremente menospreciado pola súa dobre condición non so de persoa con discapacidade senón de muller.
A concesión deste tipo de axudas facilita as entidades como Down Ourense o poder ofrecer unha mellor atención e levar a cabo un traballo mais amplo e exhaustivo con este colectivo, sendo o seu obxectivo principal o de favorecer e mellorar a calidade de vida das mulleres coa Síndrome de Down e/ou outra discapacidade intelectual, contribuíndo as seu desenvolvemento e evolución persoal e laboral. Coa consecución deste obxectivo refórzanse as súas habilidades persoais, sociais e laborais.
Durante esta última convocatoria atendéronse a un total de 19 mulleres de diferentes localidades da provincia de Ourense, e participantes todas dos diferentes programas da entidade, centrando a atención nos seguintes servizos:
- Servicio de atención psicolóxica.
- Servizo de asesoramento xurídico.
- Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas o de competencias para a mellora da empregabilidade.
- Servicios ou medidas de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade.