Dende o ano 2018, na asociación Down Ourense estase levando a cabo o “programa de atención integral dirixida a mulleres con discapacidade intelectual e Síndrome de Down para favorecer a súa inclusión no entorno”. O principal obxectivo do devandito programa é conseguir dar apoio e mellorar a calidade de vida de todas as mulleres que se encontren nunha situación de discapacidade intelectual e/ou Síndrome de Down, favorecendo así o seu desenvolvemento persoal e laboral. Dese xeito, algúns dos servizos que se ofrecen son:
- Servicio de atención psicolóxica.
- Servizo de asesoramento xurídico.
- Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas o de competencias para a mellora da empregabilidade.
- Servizos ou medidas de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade.
- Servizos de orientación e información sobre recursos de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como o apoio na relación con outras entidades.
- Servicio de mediación intercultural e/ou familiar
Mediante este tipo de actuacións, téntase igualar as oportunidades das persoas que na maioría dos casos parten dunha situación de desigualdade de condicións. No presente ano, forman parte do programa un total de 19 usuarias que residen na área de Ourense, ou nas súas proximidades.