Down Ourense resultou beneficiaria da subvención a entidades de iniciativa social para a promoción de actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social e se procede á súa convocatoria para os anos 2020, 2021 e 2022 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020). DOG nº90 do 11 de maio de 2020.
Estas actuacións están subvencionadas nun 80% polo FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no Obxectivo Temático 9, Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación Prioridade de Investimento 9.1,“A inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego” Obxectivo Específico 9.1.1 “Mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción.